Visita á Illa de San Simón dos veciños de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O pasado sábado, 29 de xuño, 53 veciños e veciñas de Gondomar, acompañados polo alcalde do municipio, Fernando Guitián e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, visitaron a Illa de San Simón.

A saída foi ás 15.30 da Estación de Autobuses. Unha vez no barco, os participantes puideron gozar dun coffee break a bordo durante a travesía.

Tras visitar a illa acompañados por un guía retornaron sobre as 20.30 horas a Gondomar.

Dende o Concello de Gondomar colabórase e foméntase este tipo de actividades que teñen como obxectivo fomentar a participación e integración dos maiores do municipio á vez que se promove o turismo.

4 de xullo de 2013 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.