Vinte e cinco mozos aprenden náutica e inglés en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou en Carnota o campamento English Surf Camp, organizado polo seu Departamento. A actividade, iniciada o 14 de xullo, rematará o domingo 21. Conta con 25 participantes, que esgotaron as prazas ofertadas semanas antes da data límite de inscrición. O campamento, pensado para mozos e mozas de 14 a 17 anos, mestura o coñecemento do medio coa náutica e o inglés. Os participantes desenvólvense en inglés dunha forma lúdica mentres realizan actividades como o surf, paddelboard, esnorquel, bodyboard, kaiak-surf e outras como a visita a Castro Baroña, para realizar un exercicio de escalada.

Esta actividade está incluída na oferta do programa Verán Activo 2013, posto en marcha pola Concellería de Xuventude.

19 de xullo de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.