publicidade hoxe

Vimianzo súmase ao loito oficial en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVimianzo
A-
A+

O Concello de Vimianzo súmase ao loito oficial en Galicia por mor dos pasamentos producidos como consecuencia do accidente ferroviario acontecido o 24 de xullo de 2013. Para manifestar a condolencia e solidariedade dos veciños e veciñas de Vimianzo coas vítimas deste tráxico accidente a Alcaldía de Vimianzo declara o loito oficial no Concello desde as 00 horas do día 25 ata as 24 horas do día 31 de xullo, período no que as bandeiras oficiais ondearán a media asta, con crespón negro, na Casa Consistorial.

Esta mañá o Alcalde e a concelleira de Benestar Social, acompañados polos traballadores e traballadoras municipais e por numerosos veciños e veciñas de Vimianzo, concentráronse ás 12 da mañá na praza do concello para gardar 5 minutos de silencio en sinal de dó polas vítimas do accidente. Do mesmo xeito, ao inicio da sesión do pleno ordinario de mañá sábado gardarase igualmente un minuto de silencio.

Durante os días de loito oficial suspéndense todos os actos festivos e culturais programados polo Concello de Vimianzo, entre os que se atopan a representación teatral d`Os Quinquilláns no Castelo e o bus turístico que percorre cada domingo diferentes rutas polo Concello.

26 de xullo de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.