Vilagarcía pedirá un informe ao 112 para delimitar as chamadas que deben facerse aos bombeiros e ao servizo municipal de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía solicitará ao 112 que emita un informe que clarifique que servizo ten que actuar –os bombeiros do consorcio provincial ou o servizo municipal de emerxencias- ante calquera eventualidade. Hoxe, representantes do Concello e do consorcio mantiveron unha reunión para analizar os problemas detectados nos últimos meses, si ben todas as partes tiñan claro que os operativos desenvolvidos ata agora non houbo problemas, aínda que si existiron discrepancias á hora de aplicar os protocolos de comunicación desas eventualidades. De aí que se pida a 112 que indique que incidencias deben ser comunicadas ao propio servizo do 112 e cales poden ser derivadas directamente ao servizo municipal de emerxencias e protección civil. O dato de que de as máis de 700 chamadas recibidas en 2012 pola Policía Local só dez ou doce fixeron necesaria a intervención dos bombeiros é demostrativo da realidade na que se moven ambos servizos, o municipal e o supramunicipal.

Bombeiros e Emerxencias municipais tamén conviñeron que, en calquera caso, é preciso mellorar as relacións entre ambos corpos, de xeito que se mellore o servizo que se presta aos cidadáns. Fronte ao que sucede noutros concellos, no de Vilagarcía hai que ter en conta que, por lei, debe ter o seu propio servizo de emerxencias, con independencia de que, como é o caso, participe nun consorcio supramunicipal, e de aí que sexa preciso que as competencias de cada quen quede perfectamente delimitada e igualmente os protocolos de colaboración.

En principio, ambas partes quedaron de reunirse de novo o 22 de xullo. Se o informe do 112 chegara antes, a xuntanza se adiantaría.

8 de xullo de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.