Vigo adica a mesma cantidade que no 2012, 1.045.000 euros, a apoiar aos clubs deportivos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

A Xunta de Goberno Local deste venres deu luz verde á concesión de 600.000 euros para 170 entidades deportivas se ánimo de lucro da cidade, aos que súmanse os 445.000 euros que adica o Concello aos clubs de elite. Abel Caballero subliñou que, ao contrario da tónica xeral, o goberno de Vigo non rebaixa o apoio ao deporte vigués.

O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe venres na Xunta de Goberno Local e salientou que o Concello de Vigo concede 1.045.000 euros á promoción e apoio ao deporte da cidade, pese á crise, a mesma cantidade que adicou o pasado ano.

O goberno de Vigo deu luz verde á concesión das subvencións para entidades deportivas viguesas, un total de 600.000 euros para 170 entidades sen ánimo de lucro dunhas 50 modalidades distintas. A estas achegas hai que sumarlles, segundo indicou Caballero, outros 445.000 euros que apórtase aos clubs de elite da cidade de Vigo.

26 de xullo de 2013 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.