Verín informa da segunda edición do programa de Termalismo Saudable 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Desde o departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, infórmase que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar na seguna edición do programa Termalismo Saudable 2013, da Deputación de Ourense.

Poderán ser beneficiarios/as deste programa as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

– Ter cumprido cando menos cincuenta anos de idade na data da formulación da solicitude.

– Estar empadroado nalgún municipio da provincia de Ourense.

– Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos balnearios.

– Ser persoa válida para as actividades da vida diaria  (os/as acompañantes poderán ser beneficiarios aínda que non reúnan os requisitos  anteriores).

O programa de Termalismo Saudable 2013 ten dúas modalidades:

Programa A- Estancia en Balnearios, que inclúe: duración de 6 días con 5 noites de estancias, pensión completa con bebidas incluídas, dez técnicas de balnearios, animación sociocultural e recoñecemento médico voluntario á chegada.

Programa B- Tratamento Balneario, que inclúe: duración de 5 días de tratamento e 10 técnicas de balnearios.

A documentación a adxuntar é a seguinte:

– Copia do DNI do solicitante e, se é o caso, do acompañante

– Certificado ou volante de empadroamento do solicitante principal

– Copia do DNI do representante ou autorización para a formulación da solicitude.

Para máis información e presentación de solicitudes deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Área de Maiores), situado na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11),  no teléfono 988-414776 ou a través da plataforma informática  http://termalismo.depourense.es.

8 de xullo de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.