Verín acollerá a IV Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ o 14 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVerín
A-
A+

O próximo 14 de xullo terá lugar IV Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín, e puntuable para a Copa Galicia.

Esta proba, con saída ás 09.00 horas do complexo deportivo de A Granxa, homenaxeará ao ciclista ourensán Raúl Rey Formosel (campión de España e aficionados 1959, gañador da subida ao Naranco en 1962 e participante, en tres ocasións, no Tour de Francia)

O percorrido será de 125 quilómetros. Terá lugar un tramo neutralizado de 25 quilómetros, para logo ascender desde Cabreiroá (Verín) ata Vilardecervos (Vilardevós), descenso por Vilardevós cara a Verín. A continuación ascenso a Laza ata o alto da Alberguería (-Laza-, onde se realizará o avituallamento), descenso ata Vilar de Barrio, Viladerrei (Trasmiras), subida ás Estivadas e retorno a Verín. Percorrido en http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4266015 e http://www.youtube.com/watch?v=93p-LS320NI

12 de xullo de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.