Vedra acolle cursos de informática e de manipulador de alimentos
Curso de informática gratuíto
Si tes entre 16 e 25 anos, e estás interesado nas novas tecnoloxías, aproveita o verán e apúntate a un curso de informática que se desenvolverá en Vedra.
Consulta o programa do curso, horarios…
Aberto o prazo de inscrición.
Prazas limitadas.
Curso Manipulador de alimentos
O Concello de Vedra en colaboración co Centro DGP Formación, oferta un curso de hixiene alimentaria – manipulación de alimentos de tres horas de duración e un custo de 20,00 € por persoa. Este curso impartirase o sábado 13 de xullo de 2013, de 10.00 a 13.00 horas no Centro de Formación de Santa Cruz de Ribadulla (Casa da Estación do RENFE)











