Veciños de Brión visitará o Parque Multiaventura de Marín , incluíndo xantar de campo e praia durante a tarde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+

O Concello de Brión convoca para o vindeiro martes 23 de xullo unha nova proposta dentro do seu programa “Tardes de verán”: unha xornada no parque multiaventura de Marín, con actividades de mañá e con xantar de campo e xornada de praia pola tarde. Os veciños e veciñas que desexen participar teñen que anotarse esta semana na Casa da Cultura de Brión ou no 981 50 99 08. A cota de inscrición é de 12 euros (adultos) e de balde para menores de 10 anos, aínda que esta actividade está especialmente pensada para a mocidade. O custe da entrada ao parque multiaventura oscila entre os 12 e os 20 euros.

O parque multiaventura de Marín ofrece a posibilidade de realizar actividades de tirolina, lianas, cordas e pontes suspendidos a varios metros do chan e suxeitos ás árbores. Hai dous circuítos de iniciación (a pouca altura e con xogos de pouca dificultade) e 4 circuítos para iniciados. En total, máis de 70 xogos diferentes.

Ruta dos tres ríos

A última actividade do programa “Tardes de Verán” terá lugar o martes 30 de xullo e consistirá nunha andaina pola Ruta dos Tres Ríos, no concello de Touro. Trátase dunha ruta de sendeirismo de 9 quilómetros que se fará durante a mañá. Os participantes deberán levar comida tipo pícnic para o xantar de campo e pola tarde disfrutarán da praia fluvial. As inscricións deberán realizarse antes do 26 de xullo na Casa da Cultura de Brión ou no 981 50 99 08. A cota de inscrición é de 12 euros (adultos) e gratuíto para menores de 10 anos.

16 de xullo de 2013 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.