publicidade hoxe

V edición da Liga de Fútbol 7 Concello de Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDodroLocal
A-
A+
Equipo gañador do torneo

Equipo gañador do torneo

O pasado venres 28 de xuño disputouse a final da V edición da Liga de Fútbol 7 Concello de Dodro. Logo de deixar atrás unha fase de grupos, oitavos, cuartos e semifinais, chegaron á final o Decoracións Simón e o Bar Piñeiro/Talleres Ángel Rey. No partido adiantouse o D.Simón ós poucos minutos cun gol en propia porta e ampliou a ventaxa por medio dun disparo de falta na que ó porteiro xogoulle unha mala pasada o bote do balón,e na que se lle colou entre as pernas ante o asombro de todos os asistentes. Recortou distancias o Bar Piñeiro/Talleres Ángel Rey antes do tempo de lecer cun fermoso gol de Abel.

Na segunda metade o Decoracións Simón saiu a aguantar o resultado e tivo unha boa ocasión para rematar a faena, pero o disparo foise ó poste. O B.Piñeiro/T.A.Rey intentou igualar a conenda e dispuxo de varias oportunidades claras, pero non foi capaz de acertar en nigunha delas. Deste xeito saiu campión o Decoracións Simón. Ó rematar o encontro entregaron os trofeos o concelleiro de obras Maximino Rodríguez, o alcalde de Dodro Valentín Alfonsín e o concelleiro de deportes José Núñez, que fixo posible que un ano máis se celebrase este campionato.

O trofeo ó equipo menos goleado foi para O Toxiño, que encaixou cinco goles en sete partios que disputou. O trofeo de máximo goleador foi para Pablo González Queiruga do Comercial Sánchez con doce tantos. O premio de mellor xogador da final foi para Abel Tarrío de Bar Piñeiro/Talleres Ángel Rey, que a pesares de perder a final destacou no xogo e fixo un gol de bonita execución. Entregouse trofeo tamén ó Rossol como cuarto clasificado e ó Dodro como terceiro clasificado.

1 de xullo de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.