Uns douscentos nenos e nenas xa se apuntaron ao campus de fútbol de Tomiño
Preto de 200 nenos e nenas apuntáronse ao III Campus de Fútbol Concello de Tomiño, que se celebrará entre o 15 e o 27 deste mes nos campos municipais de Goián e A Carballa.
As persoas interesadas tiveron tempo de apuntarse ata o pasado 24 de xuño, xa que as prazas eran limitadas, se ben todas as solicitudes foron aceptadas.
A inscrición inclúe dúas equipacións; bocadillos, froita e bebida todos os días, e houbo redución de prezos para familias con máis dun participante.
Os participantes, entre os que hai varias nenas, recibirán clases teórico-prácticas e xogarán partidos durante as dúas semanas que dura o campus.











