Uns 34.500 escolares participaron nas actividades de Coruña Educa no curso 2012-2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Educación realizou balance do programa Coruña Educa durante o curso académico 2012-2013, no que participaron 34.565 alumnas e alumnos de centros educativos da cidade-incluídos estudantes de colexios da provincia que se inscribiron, principalmente, en Coruña en Aventura e nos Xogos Escolares-.

Durante o curso 2012-2013, o departamento municipal que dirixe Francisco Mourelo ofreceu unha programación máis completa e organizou 11 novos programas educativos e un deportivo para os colexios da cidade:

– Programa de Ocio Educativo.

– Educa Saúde.

– Listen / Speak.

– Programa de Linguas Estranxeiras para Secundaria.

– Bolsas Europa FP- Proxecto Acore.

– Click English.

– Radio en Valor.

– Talleres Multimedia de Comunicación.

– Taller de iniciación á curtametraxe en galego.

– Taller para escolares con TDAH.

– Taller para escolares con Altas Capacidades.

– Xogos Escolares.

Neste primeiro curso dos 12 novos programas de Coruña Educa teñen participado 8.630 alumnos e 1.735 familias. Celebráronse en 40 centros educativos da cidade, con 7.012 horas de actividades. Ademais permitiu a creación de 110 postos de traballo.

A maiores dos novos programas, o Concello mantivo durante o último curso outros programas cun elevado interese entre a comunidade estudantil:

– Becas USA, cun incremento do número de bolsas, ampliación do programaa a maioría dos estados de USA, unha selección dos participantes máis obxectiva e unha preparación intensiva e previa á viaxe en inglés oral e cultura americana.

– Coruña de Aventura. Neste programa creáronse novas rutas urbanas e itinerarios máis actualizados, ampliáronse os lugares das probas e elaboráronse novos materiais.

– Certame do Teatro Escolar. Este evento contou conuna gala final no Teatro Rosalía de Castro.Participaron escolares do Programa de Ocio Educativo e representáronse as primeiras obras en inglés.

– Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional. Produciuse un forte incremento da participación; e ofrecéronse máis actividades de formación e información.

O Goberno municipal tamén potenciou a través de Coruña Educa a participación escolar en accións educativas puntuais como:

– Certame escolar “Una Navidad ecológica”.

– Intercambios escolares e docentes.

– Asistencia escolar á representación do Nadal do Conservatorio Profesional de Danza.

– Asistencia ao “Congreso de Valores Lo Que De Verdad Importa”.

O departamento municipal que dirixe Francisco Mourelo anuncia que o obxectivo do Concello é continuar nesta liña de traballo, polo que Coruña Educa se ampliará con 4 accións de dinamización lingüística (certames de poesía, relato curto, debate e blogs de aula) e con 4 novos programas:

– “El teatro de las emociones”, un taller onde actúan conxuntamente escolares con autismo con outros que non o son.

– Un taller para escolares con dislexia.

– 1, 2 3, Action, aprender inglés por medio do teatro con profesores nativos.

– Un programa de seguridade para os centros educativos de Infantil e Primaria en colaboración coa área de Seguridad Cidadá e Mobilidade.

Coruña Educa representa e desenvolve o proxecto educativo do Concello, consecuencia dun intenso traballo en equipo coa comunidade educativa da cidade -direccións dos centros escolares, Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, persoal docente, educadores, membros de Consello Escolar Municipal, representantes municipais e entidades colaboradoras- e co obxectivo compartido de crear unha oferta educativa moderna e actualizada que responda de xeito eficaz e inmediato ás necesidades reais dos menores e os mozos da cidade.

29 de xullo de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.