Unhas 5.000 persoas asistiron á XXI Feira de Cans de Caza celebrada en Mesón do Vento

Asistentes á XXI Feira de Cans de Caza
As previsións de realizadas de cara á XXI Feira de Cans de Caza celebrada hoxe en Mesón do Vento vírense superadas. Arredor de 5.000 persoas non se quiseron perder unha das citas cinexéticas máis importantes do norte peninsular según a prensa especializada. Nela participaron máis de 3.000 exemplares darredor de 30 razas empregadas tanto na caza maior, menor ou perdiz, entre outros. A maioría deles procedían do territorio galego, aínda que tamén os había doutros puntos como País Vasco, Cantabria, Asturias ou León.
Setters, grifóns, teclees, bassets, beagles, podencos, jack terriers, dogos, gascóns, brunos de juras ou sabuesos, foron tan só algunhas das razas participantes. O recinto feiral do Mesón do Vento tamén albergou stands con todo tipo de equipamento para a práctica da caza, así como pulpeiras e outro tipo de postos imprescindibeis en calquera festa galega.
Un xurado formado por varios expertos tivo a responsabilidade de escoller aos mellores exemplares, os cales recibiron un diploma entre outros presentes. Entre todos eles destacou a rehala de Antonio Vimianzo, que foi catalogada como a mellor da feira. Un precioso conxunto de bruno de jura cos que acudiu a recoller o seu premio e que ao longo de toda a maña provocaron que milleiros de persoas fixesen colas ante a súa xaula para poder contemplar estes exemplares detidamente.
LISTADO DE GALARDÓNS
CAZA MENOR
Basset Leonado: Javier Adrán -Rubio-
Beaglee: José Miguel Edreira -Nita-
Podenco: Perreras san Benito -Careto-
Jack terrier: Javier dos Vidueiros -Jack-
Pettit Grifón Vendeen: Javier Osorio -Pol-
Teckel: Carlos Fernández -Yaco-
CAZA MAIOR
Sabueso español: Pepe Leira -Luna-
Gascón: Ricardo Esmerelle – Chola-
Anglo Francés: Secundino Carballo -Beethoven-
Beagle Harrier: Javier Leiro -Donino-
Bruno de Jura: Antonio Vimianzo -Tardón-
Grifón Leonado: Javier Tabeallo
Grifón Azul: Rehalas Fandy -Ney-
Grifón Vendeen: Montse -Sil-
Grifón Brikett: -Ladrus-
Graz Azul: Perreras Alvarelle
Dogo Argentino: Rehalas Fandy -Cay-
PERDIZ
Setter Inglés: Juan López
Setter Gordon: José Mosquera -Nei-
Setter Irlandés: Jesús Espiñeira -Nei-
MELLOR CAMADA CAZA MAIOR
Javier dos Vidueiros. Raza Bruno de Jura
MELLOR CAMADA CAZA MENOR
Santiago Mene. Raza Setter Inglés
MELLOR REHALA DA FEIRA
Antonio Vimianzo. Raza Bruno de Jura











