Unha vintena de veciños de Frades participaron na excursión ao parque zoolóxico Marcelle

Visitantes ao zoo
Unha vintena de veciños e veciñas de Frades, de todas as idades, participaron na excursión ao parque zoolóxico Marcelle Natureza (Outeiro de Rei), organizada polo Concello de Frades esta fin de semana. O Concello de Frades subvencionou o autobús de transporte ata Outeiro de Rei, mentres que os participantes aboaron as entradas ao recinto, que oscilaron entre os 10 e os 15 euros.
A expedición contou cun guía especializado que os acompañou no seu percorrido por Marcelle Natureza, onde puideron coñecer algunhas das especies animais que habitan os distintos continentes, dende os guanacos, llamas e ñandús suramericanos aos bisontes e wapitis norteamericanos, pasando polos emúes e canguros australianos. Canda eles, os veciños e veciñas de Frades puideron ver especies autóctonas como o lince ibérico, o oso pardo ou o lobo ibérico.











