publicidade hoxe

Unha brigada de cinco compoñentes previrá contra incendios forestais no Concello de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O Concello de Cotobade conta cunha brigada de cinco compoñentes para a prevención e defensa contra incendios forestais ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Cotobade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

Os integrantes que forman a cuadrilla é un xefe de brigada, un peón conductor e tres peóns. Estes membros foron seleccionados entre 27 candidatos remitidos do INEM pasando posteriormente no Concello de Cotobade por un proceso selectivo, previa presentación de documentación acreditativa, no que se lles valorou a experiencia en participación en cuadrillas de prevención e extiención de incendios, a realización de cursos relacionados coa prevención e extinción de incendios e o curso de galego, así como requisito exixido estar en posesión do carnét de conducir B.

Esta brigada de 5 membros pasa a engrosar as medidas adoptadas polo Concello de Cotobade que xunto co Convenio de Prevención de Incendios Forestais mediante a realización de Tratamentos Preventivos en vías, camiños e outras superficies de titularidade municipal e así como os traballos realizados polo persoal contratado ao abeiro do Plan Provincial de Emprego nas diferentes áreas recreativas e de esparcemento e lecer forman parte do plan de prevención e extinción de incendios do Concello de Cotobade para este ano 2013.

Os cinco brigadistas están encadrados dentro das tres brigadas que este ano 2013 monta o Consorcio “Conca do Lérez” e serán os encargados das labores de prevención e defensa contra incendios durante tres meses dende o 29 de xullo ata o 28 de outubro.

Por outra banda o Concello de Cotobade dende o mes de maio ven executando, ben de oficio ou a instancia de particulares, o Bando de limpeza de fincas (prevención de incendios forestais), controlando o cumprimento deste bando de tal xeito que o seu incrumpimento pode dar lugar á incoacción do correspondente procedemento sancionador que, sen perxuizo, da potestade sancionadora en caso de incumprimento dos deberes, tras o requerimento ao efecto, o Concello de Cotobade efectuará a execución subsidiaria por conta dos responsables.

26 de xullo de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.