Un obradoiro de compostaxe sensibilizará aos ourensáns sobre a xestión de residuos en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Asociación Amigos da Terra, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, e a Concellería de Educación, levará a cabo esta tarde na Aula de Natureza de Oira un obradoiro de compostaxe dirixido especialmente a futuros monitores de ocio e tempo libre. O principal obxectivo do obradoiro é sensibilizar aos participantes sobre a problemática ambiental que supoñen os residuos e a súa xestión en Galicia.

Así, na actividade se falará do sistema de xestión de residuos maioritario da comunidade, baseado na incineración e no vertedoiro. De feito, case un 50% dos residuos que se producen son orgánicos que se poderían compostar en orixe, pechando así o ciclo natural da materia orgánica e evitando a actual xestión centralizada baseada na incineración. Este modelo supón un alto custe económico, ademáis da emisión de gases de efecto invernadeiro, impacto ambiental, etc.

No obradoiro, ofreceranse aos participantes unha serie de pautas sobre a compostaxe, e se animará a crear un debate coas opcións que xurdan. Tras a xornada de exposición, os participantes realizarán un pequeno composteiro.

23 de xullo de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.