publicidade hoxe

Un grupo de Valladolid organiza o campamento de verán “Aventuras Náuticas” en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal
A-
A+

No campamento participan nenos de Santovenia del Pisuerga, de Valladolid e de Toro-Zamora que se hospedan no albergue municipal sito no parque náutico.

Teñen idades entre 8 e 17 anos. É un grupo de 23 nenos con 4 monitores. Este é o séptimo veran consecutivo que veñen a Castrelo de Miño, e este ano en coordinación co concello organizase un campamento tamén para os nenos de Castrelo. Faranse xogos, actividades náuticas, piscina, excursións a praia, andainas, visitas ás adegas e visita a distintos lugares da comarca do Ribeiro. O campamento comezou o 23 de xullo e rematará o 31 de xullo.

24 de xullo de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.