Un comité asesor das tres universidades galegas establecerá os pasos a seguir no Xardín de Montealegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A partir das 10 h de mañá venres, un comité científico formado por técnicos, paisaxistas e representantes das tres universidades galegas percorrerán o Xardín de Montealegre, á concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo. Tralo percorrido, no que coñecerán de primeira man as instalacións, reuniranse para pór en común ideas e proxectos para potenciar o desenvolvemento do espazo, e seguir os pasos necesarios para iniciar o proceso de constitución do Xardín Botánico. 

O principal obxectivo é potenciar o espazo compatibilizando o uso público do mesmo coa actividade científica e divulgativa propia dun xardín botánico. Na xuntanza, proporanse accións e instrumentos de constitución e colaboración entre as entidades, así como a aportación de propostas, liñas de acción e áreas de interese para participar neste proxecto.

Participarán na reunión: 

Representantes do Concello de Ourense:

Agustín Fernández, alcalde de Ourense
Susana Bayo, concelleira de Medio Ambiente.

Comité Científico:

Carlos Cárcamo, xefe de servizo da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense.
José Crespí, arquitecto paisaxista coordinador do equipo redactor do proxecto de acondicionamento do parque de Montealegre.
Horacio Naveira, Adxunto á investigación da Vicereitoría de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña.
Elvira Sahuquillo, Profesora Titular de Botánica da Universidade de Coruña.
Pablo Ramil, vicereitor de Ordenación académica e investigador da Universidade de Santiago de Compostela.
María Lameiras, vicereitora do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo.
Xosé Antón Vila, Director do CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación do Campus de Ourense, Universidade de Vigo.

18 de xullo de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.