Un cento de veciños de Oroso participa na concentración en recordo ás vítimas do accidente ferroviario de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOroso
A-
A+
Minutos de silencio en Oroso

Minutos de silencio en Oroso

Preto dun cento de veciños e veciñas de Oroso participaron este mediodía nunha concentración na praza Isaac Díaz Pardo, onde gardaron 5 minutos de silencio en recordo das vítimas e como mostra de duelo polo tráxico accidente ferroviario acontecido este mércores en Santiago. Unha concentración na que participaron traballadores municipais e concelleiros da corporación orosá, encabezados polo alcalde Manuel Mirás Franqueira.

O Concello de Oroso sumouse onte xoves aos sete días de luto oficial decretados pola FEGAMP, ademais de colocar as bandeiras da casa consistorial a media asta. Así mesmo, o Concello de Oroso reitera o seu fondo pesar e a súa total solidariedade cos familiares e amigos dos falecidos no accidente, ao tempo que desexa unha pronta recuperación a todos os feridos.

26 de xullo de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.