publicidade hoxe

Un cento de rapaces participaron na Festa do Neno do Concello de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+
Festa da escuma

Festa da escuma

Máis dun centenar de nenos e nenas participaron na Festa do Neno, organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar na piscina municipal de Papucín na tarde/noite deste sábado. O tempo acompañou, polo que case que se duplicou a asistencia con respecto a edicións anteriores, chegando a xuntarse máis de trescentos veciños e veciñas na piscina municipal.

A calor fixo que os inchables acuáticos fosen os máis demandados, sobre todo a primeiras horas da tarde. Mentres, os máis pequenos disfrutaban duns inchables terrestres, á espera de que os seus pais e nais os levasen á piscina. Uns pais que, en moitos casos, estaban á súa vez entretidos cos distintos xogos populares que “Obradoiro de xogos” dispuxo a carón da cafetería da piscina.

Festa da escuma

Segundo foi pasando o tempo, foron máis os cativos que se achegaron aos distintos xogos populares para, sos ou coa axuda dos seus pais, tentar resolver os distintos xogos dispostos. E os máis pequenos aproveitaban o obradoiro de globoflexia para levar o seu globo con forma de animais, espadas, etc. Paralelamente, e ata que rematou a festa, cada 45 minutos tomaba a súa saída un tren turístico, que facía pequenos percorridos gratuítos polas distintas parroquias de Frades.

A iso das 18:30 horas tivo lugar a tradicional actuación de pallasos que deu paso á Festa da Escuma, á que se sumaron gran parte dos cativos, sobre todo os de maior idade. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, pecharon a festa pasadas as nove da noite coa entrega dunhas lambonadas para os pequenos.

15 de xullo de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.