Un 50% dos alumnos adultos do Concello de Ordes obteñen o título de graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Alumnos e alumnas do Curso de Graduado en Eso para Adultos recibiron onte de mans da tenente de alcalde e do concelleiro de Cultura, Silvia Marín e Ramón Vázquez, os diplomas e as súas calificacións de fin de curso. Unha iniciativa na que dende hai varios anos ven colaborando o Concello de Ordes de xeito ininterrumpido.

Os resultados son altamente satisfactorios xa que amosan unha cifra de aprobados que superan o 50% dos 40 alumnos matriculados este ano. Foi na área de Tecnoloxía onde máis aprobados se registraron con case un 73%, mentres que nas de Lingua e Sociais foron de preto de 62% e dun 60%, respectivamente.

Tanto Silvia Marín como Ramón Vázquez felicitaron non só ao grupo de alumnos senón tamén ás docentes encargadas de impartir o curso “polos bos resultados e polo esforzo e adicación prestada”. Marín tamén lle transmitiu o seu apoio a todos os que todavía teñen que superar algún examen “para que sexa con gañas e sabendo que cada vez queda menos para acadar un título que hoxe máis ca nunca é necesario para poder formar parte dun mercado laboral que esixe formación e cualificación”. Tamén convidou a todos a que tras este paso continúen cos seus estudos presentándose ás probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

3 de xullo de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.