Últimos días para apuntarse no maratón de fútbol sala da fin de semana en San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSan Sadurniño
A-
A+

Esta fin de semana celebrarase o Maratón de Fútbol Sala San Sadurniño 2013, organizado polo clube Sansa Futsal coa colaboración do Concello. Unha cita co deporte que comezará o venres na pista do pavillón municipal e que rematará na tarde do domingo. O cupo de 32 equipos xa está case cuberto pero aínda quedan prazas. Quen queira participar deberá inscribirse antes do mércores.

O sorteo dos grupos efecturarase o xoves e para apuntarse hai que chamar aos números 630 288 080, 646 103 708 e 636 999 847.

Cada equipo terá que pagar 100 euros para optar a facerse con algún dos tres primeiros premios: 1.300 euros e trofeo para o primeiro, 600 e trofeo para o segundo e 200 e trofeo para o terceiro. Estas cantidades están calculadas para unha competición que consiga xuntar 32 equipos e reduciranse proporcionalmente se non se alcanza ese número.

As regras polas que se rexerá o maratón son as que marca a Liga Nacional de Fútbol sala e a organización sinala no cartaz anunciador que a idade mínima de participación son 16 anos. Ademais, tamén se apunta que a organización non se fará responsable de ningunha perda ou dano que se poida producir durante a competición.

O maratón de San Sadurniño está organizado polo clube local Sansa Futsal, unha entidade formada recentemente por xente moza de San Sadurniño e de parroquias limítrofes, como Doso e Pedroso. O Concello colabora neste evento ao que se suman 35 patrocinios de empresas da zona.

1 de xullo de 2013 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.