Últimas nocións sobre Galileo dentro dos obradoiros de inventos para nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O CITA acolle o vindeiro luns e martes os últimos obradoiros sobre Galileo Galilei organizado pola Concellaría de Festas en colaboración coa de Patrimonio Histórico sobre a figura do científico e os seus inventos. Os nenos participantes poden facer os seus propios telescopios, termómetros, péndulos e maquetas da Terra xirando darredor do Sol.

Este ciclo de obradoiros sobre os inventos está enmarcado dentro das actividades que a Concellaría de Festas está a organizar no marco da
promoción e dinamización da Feira Franca. Faise en colaboración coa Concellaría de Patrimonio Histórico que escolleu o CITA para impartir estas xornadas científicas para nenos.

Logo de rematar cos obradoiros sobre Galileo, o ciclo dará paso á figura de Leonardo da Vinci e ás innovacións dos séculos XV e XVI:

• Os inventos de Leonardo Da Vinci: Achegámonos á súa figura, xenio universal e símbolo do home do Renacemento e os seus innumerables inventos, precursores dos modernos carros de combate, helicópteros, paracaídas, ala delta, pontes, submarinos… Así mesmo estudaremos as
proporcións do corpo humano co home de Vitrurio. Impartirase os días 29 e 30 de xullo, e o 5 e 6 de agosto.

• Innovacións dos séculos XV e XVI: Creación dos compás (brúxulas), a aparición dunha nova forma de comerciar e con ela os cheques e letras de cambio, as diversas fórmulas para tinguir os téxtis e as novas armas e formas de defensa. Os nenos e neas elaborarán diversos obxectos
(compás, armas, téxtil, abalorios), e experimentarán con variadas técnicas. Impartirase os días 19, 20, 26 e 27 de agosto.

Son obradoiros de balde, pensados para nenos de 5 a 12 anos cun cupo de 15 prazas. Impartiranse os días sinalados de 10 a 12 horas.

19 de xullo de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.