Última quenda de Campamentos de Verán da Fundación Ramón González Ferreiro en Allariz
A Fundación Ramón González Ferreiro desenvolve, en Allariz, a 5º e última quenda de Campamentos de Verán polo que xa pasaron máis de 230 nenos repartidos en cinco semanas entre xuño e xullo. Durante a semana que dura o campamento teñen tempo para facer múltiples actividades dinámicas de animación á lectura, xogos de orientación, tiro con arco , obradoiros, xincanas… Tamén fan unha visita ó Centro de Educación Ambiental O Rexo e unha visita á vila de Allariz onde pasan pola hípica e graban un programa de Radio en Radio Allariz, así e como un xogo no que coñecen algo máis sobre a historia e a cultura alaricana.
O sábado 27 de xullo pola mañá faranse as últimas das actividades por grupos onde farán tiro con arco e orientación, coñecemento e recuperación de xogos populares e un obradoiro de cometas de fío como distintas dinámicas de animación á lectura.











