Turismo de Ourense convoca a xuntanza do Consello de Administración para consignar data para a disolución

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A concelleira de Turismo do Concello de Ourense, Mónica Vázquez, como presidenta do Consello de Administración da sociedade Turismo de Ourense, S.A., ven de convocar unha xuntanza do Consello de Administración para o vindeiro luns, día 29 de xullo. A xuntanza ten como orde do día consignar data para aprobación das Contas Anuais do exercicio 2012 e disolución de Turismo de Ourense, en Xunta Universal.

A aprobación destes dous acordos é competencia da Xunta Universal da sociedade, órgano no que, xunto ao Concello de Ourense, participan responsables das empresas que forman parte da sociedade: Extraco, Caldaria, Xesmega, Domen, Subita e Caldaria. Estas firmas representan aproximadamente un 30% da sociedade, correspondendo ao Concello o 70% restante.

Mónica Vázquez informou aos grupos políticos con representación municipal no transcurso da Xunta de Área Cultura e Turismo, que se desenvolveu esta mañá no Concello.

O goberno municipal avanza así no cumprimento do acordo aprobado polo Pleno do Concello do pasado día 3 de maio no que, a proposta do grupo de DO, aprobouse unha moción co acordo de que o Concello tome as medidas necesarias para que se proceda á disolución e posterior liquidación da sociedade mixta Turismo de Ourense S.A., xunto cunha emenda de adición, presentada polo grupo do PP, de que as competencias que viña desenvolvendo a sociedade sexan asumidas pola Concellería de Turismo cos funcionarios adscritos a ela. O acordo foi aprobado polo Pleno do Concello, por 16 votos a favor de PP, BNG e DO.

A xuntanza do Consello de Administración de Turismo de Ourense, S.A., terá lugar ás 12:00 horas, na sede da sociedade, na Praza de San Martiño.

23 de xullo de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.