Tui rexistrou preto de 200 peregrinos máis durante os meses de maio a xuño, acadando os 941 camiñantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTui
A-
A+
Peregrinos belgas ao seu paso por Tui

Peregrinos belgas ao seu paso por Tui

No mes de Maio o número de persoas que escollían a nosa cidade como inicio da peregrinación  a Compostela era de 749.  En xuño esta cifra aumentou en 192, converténdose así Tui con 941 peregrinos na primeira localidade do Camiño Portugués que escollen un maior número de peregrinos para iniciar a  súa ruta.

O Camiño Portugués , cun total de 4070 peregrinos no mes de Xuño de 2013, 1600 máis ca no mes anterior, é o segundo preferido despois do Francés, segundo os datos fornecidos pola Oficina de Atención ao Peregrino da Arquidiocese de Santiago.

Son moitos os que tamén deciden partir desde a cidade veciña de Valença do Miño, tal e como reflicten os 461 peregrinos rexistrados no pasado mes de Xuño. Así, a  Eurocidade Tui – Valença con 1402 peregrinos representa  para este Camiño a porta de entrada en Galicia para os peregrinos que realizan o camiño portugués.

9 de xullo de 2013 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.