Tui inaugurará a pista de skate do Penedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+
Pista de skate de Penedo

Pista de skate de Penedo

Este venres, 2 de agosto, o Concello de Tui, a través da Concellería de Deportes, realizará a inauguración dunha nova instalación deportiva municipal, a pista de skate do Penedo.

O acto terá lugar dende as 19.00 ata as 24 horas, na pista de skate do Penedo, onde se realizarán exhibicións de skate e BMX, unha exhibición de grafiteiros, así como a actuación de grupos locais de música.

Nesta inauguración, organizada polo Concello de Tui, a través da Concellería de Deportes, contase coa colaboración da Asociación Ondiñas, asociación que traballou dende o principio man a man co concello, no deseño e na organización dos elementos que conforman a pista de skate, así como na busca da mellor situación para ela. Por isto, o Concello de Tui expresa o seu agradecemento á Asociación Ondiñas e aos seus responsables polo traballo conxunto en pro desta nova instalación municipal. Esta nova pista de skate vense a sumar ás instalacións deportivas que hai na zona do Penedo, coa súa inauguración e posta e marcha o Concello satisface a demanda que existía dunha pista destas características.

31 de xullo de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.