Tui conta cun contenedor de recollida de tapóns para axudar a unha veciña de 19 meses cunha enfermidade dexenerativa
Micaela, una nena de 19 meses de Tui que sofre a enfermidade muscular hipotonía vai recibir, grazas á axuda de Banta, ( Banco de tapóns do Baixo Miño), 2400 euros para comezar o tratamento da súa enfermidade.
Para iso, a partir de hoxe e ata o 28 de setembro, o Concello de Tui coa colaboración dos pais da nena, instalará un contedor de recollida de tapóns na entrada da Praza de Abastos, identificado cos carteis oficiais da campaña.











