Tomiño organiza un campamento de verán para persoas con discapacidade
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tomiño organiza un campamento de verán para persoas con discapacidade, que terá lugar entre os días 17 de xullo e 7 de agosto. A finalidade desta actividade (primeira no seu tipo que se organiza na zona) é, segundo explica a alcaldesa, Sandra González, a de proporcionar ás persoas que sofren algunha discapacidade física ou mental unha alternativa de ocio, e ao mesmo tempo, ofrecer un respiro ás familias coidadoras.
O centro de recursos para persoas con discapacidade “Vontade”, de Tomiño, será o encargado de coordinar as actividades, que se realizarán en horario de mañá, ben ao aire libre, ben no propio centro, situado no barrio da Rocha, a carón do Centro de Día.
As plazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben inscribirse (ata o día 15 de xullo) no Concello (Praza do Seixo, 1) ou chamando aos teléfonos 986 62 20 01/03.











