Tomiño organiza dúas xeiras nocturnas polos petróglifos do Monte Tetón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

11072013-7O Concello de Tomiño organiza dúas xeiras nocturnas polos Petróglifos do Monte Tetón, situados no Ecoparque Arqueolóxico do mesmo nome.

A primeira destas rutas realizarase o vindeiro venres 19 de xullo, con saída desde a Casa do Concello ás 22.30 horas. A seguinte será o día 9 de agosto á mesma hora.

Os percorridos estarán dirixidos, coma en anos anteriores, por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos.

Para máis información e inscricións, dirixirse á Casa do Concello ou chamar aos teléfonos 986 62 20 01/03 en horario de mañá.

11 de xullo de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.