Todas as familias que desexen facer uso do comedor deben presentar a súa solicitude no Concello
Tras o convenio polo que o Concello de Gondomar asumiu a xestión conxunta dos comedores escolares dos catro colexios públicos do municipio – Chano Piñeiro, Vincios, Peitieiros e Donas-, dende a Concellaría de Benestar Social recórdase que TODAS as familias que desexen facer uso do comedor DEBEN presentar, sen ningún tipo de excepción, a súa solicitude no Concello.
Para máis información acudir ao Departamento de Benestar Social, sito planta baixa da Casa da Cultura.











