Tarefas de conservación e mantemento en diversas zonas municipais da Coruña
O Concello da Coruña, a través da Concellería de Infraestructuras que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que durante esta semana levaranse a cabo as seguintes actuacións por parte do departamento de Conservación e Mantemento:
– Selado e limpeza da fonte de Concepción Arenal, nos xardíns de Méndez Núñez.
– Pintado e enchido da fonte do parque de San Diego.
– Limpeza e pintado da fonte da Sirena, na praza do Avó.
Así mesmo, a Concellería de Infraestructuras informa da reposición de sinais de tráfico na Avenida de Navarra e nas rúas Uruguay e Pontes.











