Tarefas de aglomerado e reparación de beirarrúas nos barrios de Canido, San Xoán, San Pablo e zona centro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar durante esta semana os seus traballos en actuacións de aglomerado e arranxo de beirarrúas nos barrios de Canido, San Xoán e San Pablo.

Así, segundo a programación de traballos feita, ao longo da  xornada de hoxe, intervirase no pavimento da rúa Soto, situada na zona de San Xoán. Ademais, os operarios desta prestación pública traballarán na reparación de beirarrúas situadas na zona de Canido, en concreto na Praza 8 de Marzo, e no Camiño Basanta, que pertence ao barrio de San Xoán.

Intervencións finalizadas

Por outra banda, as cuadrillas de empresa “Misturas S.A” estiveron na xornada do pasado luns, día 15, realizando actuacións de aglomerado e reparación de beirarrúas no barrio de San Pablo; así como na zona centro da cidade.. Máis concretamente, executáronse tarefas de aglomerado no Camiño do Tiro e reparacións nas beirarrúas da rúa Coruña con Fleming e da Avenida do Rei.

17 de xullo de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.