Taller sobre mantemento básico de automóbil en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLousame
A-
A+

O martes 16 de xullo a Concellería de Igualdade do Concello de Lousame organiza un Taller práctico sobre o mantemento básico automóbil, dentro do Programa de Fomento da Igualdade subvencionado pola Deputación da Coruña.

Levarase a cabo na praza do Concello, ás 20h.

Traballaranse a nivel práctico contidos como; substitución de pneumáticos, comprobación de niveis; auga, aceite, revisión dos niveis de presión das rodas, documentación obrigatoria do vehículo, sistemas de seguridade infantís, etc..

A sesión estará impartida por profesionais de autoescola, e as persoas participantes terán ocasión de poñer en práctica o aprendido nos seus propios vehículos.

PRAZO INSCRICIÓN ATA LUNS 15 XULLO, no 981.820494 ou na Concellería de Igualdade.

12 de xullo de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.