Taller práctico sobre o mantemento básico automóbil en Lousame
“O martes 16 de xullo a Concellería de Igualdade do Concello de Lousame organiza un Taller práctico sobre o mantemento básico automóbil, dentro do Programa de Fomento da Igualdade subvencionado pola Deputación da Coruña.
Levarase a cabo na praza do Concello, ás 20h.
Traballaranse a nivel práctico contidos como; substitución de pneumáticos, comprobación de niveis; auga, aceite, revisión dos niveis de presión das rodas, documentación obrigatoria do vehículo, sistemas de seguridade infantís, etc…
A sesión estará impartida por profesionais de autoescola, e as persoas participantes terán ocasión de poñer en práctica o aprendido nos seus propios vehículos.”











