Talents Session! de piano dentro da programación do Festival IKFEM en Tui
Mañá venres día 19 de Xullo arranca un novo día na programación IKFEM de concertos, en primeiro lugar ás 12.00 hora española (11.00 Portuguesa) ofrecerase a TALENTS SESSION! de piano, onde os alumnos das máster classes interpretarán un variado repertorio na Igreja de Sta.Maria dous Anjos de Valença do Minho.
A continuación ofrecerase unha visita guiada ás 22.00 hora española (21.00 portuguesa) a cargo de Rafael Bargiela, onde se fará un percorrido histórico dende o adro norte da catedral ata a igrexa.
Finalmente ás 23.00 terá lugar a segunda TALENTS SESSION! de piano, na Igrexa de Sto. Domingo de Tui na que se poderá gozar de máis obras a cargo dos alumnos das máster classes de piano.
O festival IKFEM está organizado pola Asociación Xuventudes Musicais de Tui co soporte da Eurocidade Tui-Valença e a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Anímate e goza das TALENTS SESSION! E a visita guiada na Eurocidade Tui-Valença.











