Suspensión dos Encontros veciñais de Allariz previstos para o 7 de xullo
O Concello de Allariz xunto coas distintas asociacións veciñais decidiron suspender os Encontros veciñais previstos para esta fin de semana e cambiar o formato da mesma. A concellería de Benestar Social realizará reunións coas asociacións ó longo dos vindeiros meses.











