Suspensión da totalidade de actos festivos na Ponte
A concelleira de Cultura, Ana Garrido ven de reunirse coa Comisión de Festas de A Ponte para acordar a suspensión definitiva das celebracións en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela. Por unaminidade, acordouse suspender a totalidade dos actos festivos organizados pola comisión de festas coa colaboración do Concello. Desta forma, quedan suspendidas todas as actuacións das orquestras, os fogos artificiais e as charangas.











