publicidade hoxe

Suspéndese o campionato galego de acuatlón no concello de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalPorto do Son
A-
A+

Recibida chamada telefónica da Secretaría Xeral Para o Deporte (Xunta de Galicia) comunicando que se suspenden todos os Campionatos Autonómicos de todas as Federacións Deportivas por mor do desgraciado accidente de tren ocurrido en Santiago o mércores, 24 de xullo de 2013, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno xunto co Club Triatlón Arcade Inforhouse Santiago comunican a suspensión da proba do Campionato Galego de Acuatlón que se ía celebrar este domingo, 28 de xullo no Concello de Porto do Son (A Coruña).

Nova data:O próximo luns reunirase de urxencia a Comisión Delegada da Federación, polo que o martes xa estará publicada a nova data.

26 de xullo de 2013 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.