publicidade hoxe

Subasta de terreos de propiedade municipal en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O goberno do Concello de Dodro decidiu sacar a subasta terreos de propiedade municipal co obxectivo de realizar inversións en infraestruturas nas aldeas cos recursos obtidos.  Estes terreos ben pola súa situación ou pola súa calificación non se poden considerar imprescindibles nun futuro próximo, habida conta das numerosas parcelas propiedade de Bantegal e susceptibles de cesión ao Concello.

En cambio, si se considera nun momento especialmente complicado na xeración de ingresos a obtención de recursos que permitan continuar na mellora das infraestruturas e que nalgunhas aldeas precisan dende hai moitos anos.

Actualmente, se están realizando importantes melloras de saneamento e soterramento de liñas na aldea de Vigo que superan os 70.000 euros, e preténdese continuar estas melloras na aldea de A Igrexa de Dodro, así como melloras no alumeado en Dodriño, o que suporá unha inversión total en torno aos 100.000 euros.

 

12 de xullo de 2013 | 20:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.