Sorteo para bares, minibares e pulpeiros que desexe participar na Festa do Pulpo 2013
Como é habitual o concello do Carballiño informa da celebración do sorteo para a situación dos distintos postos de hostalaría, bares, tabernas e minibares, así como das caldeiras do polbo, na próxima Festa do Pulpo, que se celebrará o día 11 de agosto no Parque Municipal.
Os interesados en situar os seus postos nesta festa deberán asistir ao sorteo que se celebrará o día 16 de xullo, no salón de plenos, no seguinte horario: Os bares-Tabernas, terán o sorteo ás 18:00 horas. Os Minibares ás 18:30 e os pulpeiros ás 20:00 horas. Todos os interesados deberán presentar antes deste sorteo a solicitude no rexistro municipal, estando aberto o prazo para realizar este trámite dende o 3 de xullo ata o 16 do mesmo mes, de luns a venres en horario de mañá, de 8:30 a 14:30.











