Sober prohibe a queima ou depósito nos colectores urbanos de envases de produtos fitosanitarios
O Concello de Sober vén de publicar un bando no que se informa aos veciños que está “terminantemente prohibido” queimar ou depositar nos colectores urbanos os envases baleiros de uso agrario de produtos fitosanitarios, tales como herbicidas, insecticidas, funxicidas, etc.
Para unha correcta xestión destes envases despois de rematalos deben enxugalos 3 veces e entregalos nun establecemento de venda para a posterior entrega ao xestor autorizado.











