Sober acolle IX Festival de Bandas de Música o vindeiro sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora un ano máis coa Banda de Música da localidade na celebración do IX Festival de Bandas de Música que se desenvolverá o vindeiro sábado día 13. A partir das cinco da tarde o Centro Sociocultural acollerá a actuación da Banda de Música de Sober e da União Filarmónica do Troviscal-Aveiro, de Portugal.

Esta previsto que nesta cita cultural con carácter anual participen máis de cen músicos.

Presenza portuguesa

A primeira Banda que existiu no Troviscal foi fundada en 1911 por un profesor do ensino primario. A súa calidade artística levouna a estar entre as dúas ou tres mellores bandas do país ata o ano 1942 no que cesa a súa andaina. En 1989 retoman a actividade musical 75 mozos con idades entre os seis e os 14 anos. En abril do ano 2000 foi recoñecida como institución de utilidade pública. Desde outubro de 2001 a dirección artística da banda está a cargo do Dr. André Filipe Oliveira Granjo. Teñen acadado numerosos éxitos a nivel nacional e internacional.

10 de xullo de 2013 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.