publicidade hoxe

Sinatura do contrato de redacción do PXOM de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e os representantes da empresa, consultora galega S.L. representada por Maribel González e Andrés Pino, asinaron o contrato de Servizos de redacción do PXOM de Salceda de Caselas, adxucado en Xunta de Goberno do 14 de xuño do 2013, tras resultar gañadora do concurso ao que se presentaron 6 ofertas.

O orzamento base de licitación foi de 142.629,05 €, e a oferta da empresa cántabra foi de 128.366,15 €. O prazo de execución é de 35 meses, con posibilidade de prórroga por un ano.

A Conselleira de Medio Ambiente e Territorio (CMATI), subvenciona o 90% do custe total do custe dos traballos.

O Concello de Salceda ríxese na actualidade polas normas subsidiarias do ano 1997, que están sen adaptar á lexislación actual, especialmente a Lei do Solo de Galicia en vigor. Unhas normas desfasadas e que dificultan gravemente o desenvolvemento presente e futuro da Ordenación de
Territorio do concello, distribuído en sete parroquias e 36,1 km2.

Dentro das previsións das fases de redacción, está previsto que no mes de novembro se aprobe o documento único, para a súa remisión para informe dos distintos organismos e administracións, para efectuar o máis axiña posible a aprobación inicia.

A redacción do PXOM de Salceda, estivo paralizado cunha Sentencia Xudicial do 08/02/2010, que estimou o recurso que o Colexio de Enxeñeiros de camiños presentou contra os pregos aprobados o 02/12/2008, o que motivou a liquidación do contrato da empresa redactora, e a paralización dos traballos.

O Concello de Salceda de Caselas ten a intención de recoller todo este traballo previo, que inclúe a cartografía actualizada, e tamén o recén aprobado inventario de viais públicos, para continuar cos traballos e acadar o obxectivo de aprobar un Plan Xeral para Salceda que ordene e planifique a Salceda do futuro.

Marcos Besada, “Comprométome a elaborar un documento que estableza as prioridades urbanísticas do concello, aproveitando as nosas vantaxes estratéxicas e as nosas potencialidades económocas, medioambientais e demográficas. Somos un dos concellos máis novos do país, dentro da comarca da Louriña e da área de Vigo, e temos que facer todo o posible para entrte todos e todas, deseñar a Salceda do Futuro” “O novo Plan Xeral será de todos e todas as salcedenses.

1 de xullo de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.