publicidade hoxe

Satisfacción no goberno miñense tras a demolición dos muros do antigo campo de fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+
Derrubamento dos muro

Derrubamento dos muro

O antigo campo de fútbol de Miño, situado nunha zona anexa á praia Grande de Miño e ao acceso á saída da autoestrada, e sen uso dende hai anos, pasará xa a formar parte das marismas do río Baxoi.

A Demarcación de Costas accedeu á petición do goberno miñense e estes días iniciou os traballos de demolición dos vellos muros, asi como das instalacións do antigo campo de fútbol que se achaban dende hai anos en estado ruinoso.

Nos próximos meses o Concello, a Demarcación de Costas e o grupo naturalista Hábitat manterán unha reunión para estudar a forma de recuperar este espazo degradado.

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, mostra a súa satisfacción pola colaboración da Demarcación de Costas na recuperación deste espazo, asi como polas medidas executadas antes do verán na praia da Ribeira recuperando un noiro e arranxando os deperfectos dunha parte da pasarela da Praia Grande de Miño.

19 de xullo de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.