Sanidade constata que a praia da Madalena é apta para o baño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira aclara que a praia da Madalena é apta para o baño. Así o constatan as análises realizadas pola Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia, competente na materia. Na mesma liña se pronuncia a Consellería de Pesca, cuxas analíticas botaron uns resultados favorables para a extracción de berberecho. O Concello tamén quere aclarar que a depuradora funciona de forma óptima. Cuestión que avalan as analíticas citadas.

Fóra das análises citadas, calquera afirmación en sentido contrario sobre a calidade da auga no areal de Cedeira, como as realizadas de forma anónima a través de Internet, está infundada e só pode conducir a crear unha alarma infundada con nefastas consecuencias para o turismo da
vila e, por ende, para a economía local.

23 de xullo de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.