publicidade hoxe

Salceda de Caselas pinta as rúas do centro tras finalizar a primeira fase de asfaltado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Traballos de pintado

Traballos de pintado

Dende a Concellaría de Vías e Obras e de Tráfico e Seguridade, dirixida por Fortunato Álvarez e Jose Luis González, se están a realizar os traballos de marcado e pintado das rúas do centro da vila. En concreto todos os pasos de peóns, zonas de aparcamento e carrís delimitados de circulación, cargas e descargas, prazas de persoas de mobilidade reducida, entre outras.

Unha vez rematada a primeira fase das obras de asfaltado que permiten acondicionar aquelas rúas que presentaban un peor estado de conservación e aquelas que teñen unha maior intensidade de fluxo diario de tráfico, se está a proceder a execución de marcado e pintado de rúas, a espera de realizar este mesmo traballo, nunha segunda fase de asfaltado e pintado para aquelas rúas menos transitadas.

Os traballos acometidos contan coa participación conxunta de Gas Natural, R e do Concello de Salceda de Caselas, asumindo de forma proporcional o custe dos traballos realizados, unha vez finalizadas as obras de instalación de gas e fibra óptica de internet e banda ancha de sendas empresas.

Dentro da coordinación de traballos para a execución da obra, se mantén unha constante colaboración por parte do persoal do Concello cos Concelleiros deVías e Obras, Fortunato Álvarez e Jose Luis González, que están a traballar para levar unha coordinación de traballos da mellor forma posible sempre na medida de tratar de facilitar a circulación do tráfico.

Jose Luis González, asegura que é moi importante, unha vez realizadas as obras de instalación de R e Gas Natural no noso concello, volver a reestablecer o normal funcionamento das rúas acondicionándoas para evitar calquer tipo de incidente, asfaltando naquelas áreas de maior importancia e sinalizando todas as rúas da vila”.

11 de xullo de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.