Salceda de Caselas denuncia o estado no que se atopa a área coa que colinda o antigo Taller Altamira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Cándido Lorenzo, o Concello de Salceda de Caselas quere denunciar a actual situación que ten lugar na área colindante ao antigo Taller de Pedra Altamira onde se constata a existencia de varios puntos de verquidos incontrolados, entre os que se atopan resíduos perigosos que poden chegar a crear unha problemática ambiental.

O día 29 de Xaneiro pónselles en coñecemento ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (en calidade de propietario) a situación na que se atopaba a área afectada mediante un informe realizado pola Policía Local e un segundo informe realizado por técnicos Municipais onde lles comunica o elevado volume de escombros que presenta entre os que se atopan restos de obras, restos de limpeza de fincas e podas, de neumáticos e aceites, que poden causar problemas ambientais, dada a cercanía que presenta o territorio con respeito ao curso fluvial do Río Caselas. Estos terreos foran expropiados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) co obxecto de crear o Proxecto Sectorial do parque empresarial de Salceda de Caselas. Neste mesmo comunicado, instase nun prazo máximo de dous meses a adoptar as labouras necesarias de retirada de residuos e todo tipo de materiais verquidos en ditas parcelas, seguindo a normativa da Lei 9/2002, de 30 de Decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

O IGVS enviou un técnico para realizar un informe da zona, e non emitiu ningún tipo de resposta ante o Concello de Salceda de Caselas, polo que unha vez transcurrido o prazo para remitir unha resposta, se lles puxo en coñecemento da problemática ás entidades competentes: Con data no Rexistro de Saída do Concello de Salceda do 30 de Abril do 2013, infórmaselle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza do comunicado enviado anteriormente ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), aportando un novo informe da Policía Local no que se pon en coñecemento o incremento do volume de resíduos da área. Dita información tamén se lle transmite á Confederación Hidrográfica Miño-Sil con data no Rexistro de Saída do día 10 de Maio do 2013 e á Área de Sanidade e Producción Animal con Rexistro de Saída do 14 de Maio do 2013.

Deste xeito, trátase de poñer en coñecemento ás Entidades competentes da problemática que está a ter lugar en dita área, ao mesmo tempo que se fai petición ás diferentes partes para que adopten a mellor solución que permita reestablecer a área para que volva ao seu estado inicial. A día de hoxe, a única resposta por parte das mesmas redúcense aos contactos mantidos vía telefónica co Director Xeral de Conservación, que insistiu na necesidade dun estudo previo dos orzamentos dispoñibles para proceder a limpeza.

O Concello de Salceda insiste en que se proceda a limpeza da área afectada dada a elevada alarma Medio Ambiental que presentan os resíduos que se atopan nela provocando un alto contido de toxicidade e de contaminación de solos, así como a consecuente problemática engadida de contaminación do cauce fluvial do Río Caselas que se atopa a escasos metros.

O Concello adquiriu o compromiso de colocar carteis de prohibido tirar lixo baixo sanción de multa e de vixianza da zona, polo que o organismo competente ten que proceder á limpeza da área afectada.

16 de xullo de 2013 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.