Salceda de Caselas contará cunha carpa informativa sobre programas de asesoramento a xóvenes
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, vai desprazar o venres 12 a Praza do Concello de Salceda de Caselas unha carpa informativa para dar a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).., entre outros.
Este programa ten como finalidade potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a dirección xeral; ademais da carpa, cotaremos tamén cos medios técnicos necesarios e persoal informador e coñecedor de todos os programas que se están a desenvolver.
Estará instalada na Praza do Concello de Salceda en horario de 18:00 a 22:00 horas. Dende aquí animamos a todas as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos a xuventude (clubs deportivos, asociacións culturais, entidades sociais, etc..) e a todos os grupos informais de xoves que acudan, pois recibirán información dun feixe de programas e actividades que lles poden interesar.
Esta actividade estará coordinada dende a OMIX do concello, dependente da Concellaría de Mocidade que dirixe Loli Castiñeira











