Salceda de Caselas acollerá o IX Curso Internacional da Música CISM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

26072013-6Alumnos de moitas partes de España van a acudir ao Curso Internacional da Música, realizado pola Asociación Amigos da Música Salceda vai a acoller o IX Curso Internacional da música que terá lugar entre os días 29 de Xullo e 2 de Agosto, que como cada ano organiza a Asociación de
Amigos da Música onde músicos de diferentes países, se concentrarán no Municipio de Salceda de Caselas. A maioría dos alumnos veñen a perfeccionar o seu instrumento logo de acabar os seus estudos en conservatorio. O número de alumnos e alumnas ronda os 70, que virán de diferentes Comunidades Autónomas do Estado, da República Checa e Portugal e aloxaranse nun albergue preparado para tal fín no Ximnasio do Colexio Altamira.

Polas noites poderemos presenciar as actuacións dos mestres e mestras internacionais de tan recoñecido prestixio como son Silvia Careddu, flautista solista de Konzerrthaus Berlin, que realizará a súa actuación no Auditorio Municipal o martes 30 ás 22:00. Tendo lugar na praza do Concello no mesmo día ás 23:00 a actuación do grupo “The Sir Aligator´s Company”.

O mécores 31 será Milan Recicha, clarinetista solista Conservatorio della Italliana, Lugano, Suiza encargado de realizar a súa audición no Auditorio Municipal ás 22:00. O xoves 1 será R. Douglas Wright, trombón solista de Minnesota Orchestra, A inauguración da semana cultural correrá a cargo do grupo Hércules Brass, Grupo de cámara e a clausura terá lugar o venres día 2 de agosto.

O custe de cada actuación será de 1 €, que se poderá adquirir en taquilla a cobrar unha hora antes do concerto en taquilla, a excepción do grupo de Hércules Brass onde a entrada será de 2 €

Dende o Concello de Salceda, Marcos David Besada Pérez, quere agradecer o traballo realizado pola Asociación de Amigos da Música, que como cada ano esfózase ao máximo para organizar este curso tan ben acollido internacionalmente, permitindo converter ao Municipio de Salceda nun lugar de acollemento de grandes músicos, onde a música está presente en cada ricón de Salceda.

26 de xullo de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.